viernes, 18 de marzo de 2011

Cara a masa

Hoxe volvin A TER ESE MESMO SOÑO. De novo volvín a soñar con iso. O soño que tiven fai tempo volveuse a repetir. Aplausos, vítores, alabanzas, cancións, xestos. Eran moitos, miles quizais, tal vez millóns, quen sabe se igual so eran unhas ducias. non o recordo. Penso que eran centos, miles, deixemolo en miles. Nunha praza, tal vez no fin dunha rúa, ou sería nun campo de fútbol, ou nun pavellón deportivo... non o sei... o conto e que era nun recinto, nun recinto pechado, penso, non , non, era ao aire libre ,si. O ceo aberto, o sol dándome na cara, tons azuis claros. Si, así era. De uniforme, marrón claro, eu e máis cinco máis. Elevados, nun púlpito. Alzando os brazos, a mirada ao frente. Un discurso perfecto, así era. As palabras, as verbas, coido que saían soas, escupiaas, non me facía falla pensar moito, estaba convencido delo. As cariñas ilusionadas, sorrintes, ambiciosas, refrexaban esperanza, CONVICIÓN. E eu no alto dun altar, cun ton forte e firme, ríxido e sinceiro, convencido daquelo. A vista ao frente o brazo erguido, cara a masa. O discuro ía cara a masa. Os mozos estaban convencidos. Eu levaba a razón. A masa e máis nós. Un todo. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario