Soñei que estaba en Alaska. Alí si que se está fresco, que gozada. Coa miña roupa de abrigo, coas mantas, o café, a sopa ben quente...Iso si que é vida, non entendo por que está tan morto. Casualidades da vida.
Onte ía co coche pola estrada e atopeime cun gato morto no medio da vía, meu pobre. Tal vez sexa cousa miña, pero polo que levo analizado, e teño provas émpiricas delo, a mortalidade de gatos nas estradas no verán dispáranse unha barbaridade, hai uns índices altísimos. Non sei que opinión ten ao respeito a DXT. Teriamos que falar con eles.
Vou a tomar un café con xeo, pensar un pouco, pero pouco que se non remata cansando, deitarme no sofá, ver a tele 5 minutos e volver a pensar. Non hai nada entretido na televisión. Tanta tecnoloxía e todo é unha merda. As xanelas están abertas, entra un pouquiño de aire. Quente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario