martes, 5 de julio de 2011

In Spain no es posible

Batemos, impactamos ou chocamos e as bolsas caeron todas polo chan. Apresureime a recoller todo, axudeina, erguina boamente, sorrinlle e mesmo lle guiñei un ollo, de xeito cómplice, pícaro, tal vez valente. Disculpeime hiperbolicamente, acaricieille a meixela, aparteille o pelo, volvinlle a sorrir. "Mancácheste?" ,díxenlle en ton inquisitivo, pero con cara de preocupación, de exaltación e mágoa. " Non, non foi nada", dixo ela cunha voz doce e cariñosa, esquivando a miña mirada, cos olliños cara abaixo e roburizada. "´Síntome moi mal, gustariame invitarte a un café para desculparme, que me dis ?", actuei de forma valente e decidida, sen tapuxos. "Non grazas, isto é España, non EEUU, non me queiras namorar". deuse a volta e marchou.
Esa mesma noite, vina, estaba fermosa pero algo bébeda. Co fume do tabaco, o cheiro a sustancias prohibidas, o alcohol, e sobre todo a música a elevados decivelios, ela non se puido resistir aos meus encantos. Só se pode ligar polas noites. É unha pena pero é certo.

Spain is different!!!

1 comentario:

  1. Tamén me gusta o relato pero non teño tan claro que sexa unha experiencia persoal. Espero que o examen ese que tiñas/tiveches ou aínda terás vaia xenial. Un abrazo dende o Sur!

    ResponderEliminar