Por aquel camiño tiñan paseado milleiros de persoas. Era estreitiño pero ben feito. Fora unha antiga calzada romana e as pedriñas que o compuñan ían desaparecendo. A herba cubriao polos bordes e nacía entre as pedras. O camiño xa non era transitado por nadie, facía moito tempo que estaba xa esquecido. Antes os mozos e mozas corrían por el, pasaban dúas e tres veces por aquel camiñiño, xogando, brincando... As avoas sentábanse nunhas laxas que estaban pede el. Contaban os contos e vían aos netos xogando. Por aquel camiño agora só andan dous mozos, que xa non son tan mozos. Xaime volveu de Arxentina onde traballou arreo e conseguiu amansar a súa pequena fortuna, pero a terra é a terra e a casa chama moito e decidiu voltar a Galicia. Maruxa viviu todo vida pede aquel camiño, axudaba nas lavores da casa, coidaba dos pais, ía aos terreos, tecía, arranxaba as redes de pesca... Era moi querida por todos e todas, moi guapa e humilde, moi boa e moi doce.
Despois de xantar Xaime e Maruxa cruzábanse, paseaban xuntos, falaban de cando eran mozos e ían a escola, de como lles ía na vida, de como lles fora. A esa mesma hora os dous andaban polo camiño. Xuntos. O tempo foi pasando, e os dous de tanto andar namoraron, casaron e fixéron unha casiña pede a casa dos pais de Maruxa; pede o camiño que os namorara. A súa historia foi coñecida polos do povo e aquel camiño volveu a nacer. Parellas de nenos, de mozos, de non tan mozos, de vellos e vellas; andaban, corrían, brincaban e falaban naquelas pedriñas daquel camiñiño vello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario