miércoles, 13 de julio de 2011

O Xardín do Edén

Espertei canso, cun mal sabor de boca. Traguei saliba coa esperanza de absorver ese olor, de tragalo para dentro, de eliminalo. Debeuse de tratar dun acto reflexo. A casa estaba deslavazada. As cabichas de tabaco amoreábanse todas nunha esquina. As botellas baleiras de alcohol estaban  xuntas encima daquela mesa , semellaban formar parte dunha obra de arte.  Riba do sofá María e Xaime descansaban medio espidos, un riba do outro. Tiñan o pelo rebolto,  descoidado. Marcos estaba encima dun taburete coa cabeza apoiada riba da barra. Xesús xa espertara e  estaba a facer o  café. Andaba en calzóns pola casa, rascando os collóns, co peito ao aire. A barba xa debía de ser de tres días. Axiña se ergueu María. Buscou polo sofá do lado un pantalón curto e unhas bragas e mudouse ali, no medio da sala. Quitou a camisa e o sostén, prefería estar máis fresca. Pouco despois baixaron polas escalaeiras Bea e Fran. Os dous espidos. Foron camiño da ducha. Xa tocaba. Marcos e Xaime tamén espertaron e xuntáronse con Xesús a tomar café. Reuníronse na mesa da cociña, Bebían e lían o Xornal.  Xunteime con eles, puxéronme unha cunca de café e eu boteille un pouco de leite e azúcar." O País está nunha situación moi mala, os políticos non resolven os problemas, cada vez máis crece o paro, aumenta a débeda, e ao fin e ao cabo os únicos que se lucran son os bancos e os empresarios, isto é unha merda, non cambiará xamais"- dixo Marcos todo eufórico e enoxado. Levantouse da mesa, eran as dúas da tarde. " A dónde vas Marcos, non imos dar unha volta " gritoulle Xesús. Marcos non contestou subiu as escaleiras e meteuse na cama. O resto quedamos alí pampos. Xogamos as cartas, bebemos, charlamos e fumamos. Outro día máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario