domingo, 7 de agosto de 2011

De Sempre

Erguémonos cedo. O día non acompañaba moito. Aínda que estemos no verán a pouca chuvia dos meses de abril e maio fai que agora o tempo ande revolto. Choviscaba, e o ceo andaba cuverto. Gris. Vistímonos con roupa vella, uns vaqueiros medio roídos, un xersei abrigado e un chuvasqueiro. Almorzamos cun café é unhas torradas de pan e montamos no coche.
Miña avoa e meu avó xa andaban despertos e atabiados para a faena. Aínda que xa son vellos, seguen mantendo o ritmo de traballo. Non se lles pode sacar de botar o seu terreo, de atender as galiñas, de ir a herba e ao millo. Collemos o machado, o fouciño da leña e meu pai levou a motoserra. O pinal aínda quedaba lexos, máis o camiño foi ben agradable. Non é o mesmo andar por riba do asfalto que polas pedras, pola herba e pola lama daqueles estreitos camiños que levan aos terreos,donde solo hai xente maior. Os mozos esquecéronse do de sempre. Os carballos, os pinos, os eucaliptos e a maleza inundaban a paisaxe. Verde marrón e gris. A natureza e máis nós sumerxidos nun todo. A faena foi dura, cortamos cinco árbores que xa andaban medio secas, máis a madeira aínda é ben boa para aproveitar para este inverno. Cortouse e amorouse para cando veña o tractor a collela. Volvemos para casa dos avós cerca das tres da tarde. Sentámonos no cuberto e falamos de como fora o día, do tempo, da colleita, de todo un pouco.
Na casa xa nos agardaba miña nai coa comida feita. Xantamos e fomos dereitos ao sofá. A sesta foi ben longa. O día pasou e quedamos ben contento e co lavor feito .